Encontro Paraíso Illa San Simón

En setembro, organizamos un encontro anual cos artistas Paraíso de cada edición na Illa de San Simón. Este encontro –unha convivencia de dous días– xera un espazo compartido entre artistas Paraíso, socias-amigas de Colectivo RPM e persoas vinculadas á rede de espazos colaboradores. 

Encontro Paraíso

Illa de San Simón é un espazo único nunha contorna moi especial que nos permite desenvolver distintas dinámicas de presentación e debate sobre os procesos así como propoñer outras de carácter transversal. A posibilidade de durmir ofrécenos un contexto de convivencia moi desexado para este encontro.