Campo da festa

Campo da Festa, é un proxecto dos artistas galegos Eduardo Valiña e Ana Gesto no que traballarán coa Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia e con persoas do rural como performers necesarios para a construción dun relato paralelo doutra Compostela.

Esta aposta xurde da idea de integrar a unha parte da comunidade rural de Compostela nunha acción colectiva onde se crean relacións entre os artistas, os guías turísticos e os habitantes do ámbito rural.

A investigación céntrase nun territorio onde se abordan diferentes perspectivas arredor da identidade e a relación intrínseca entre as accións involuntarias dos seus protagonistas para dar valor a elementos aparentemente baleiros de contido.

O traballo baséase nun proceso de reflexión sobre a labor dos guías turísticos nun dos destinos máis demandados a nivel internacional. Para xerar unha interacción cos públicos do ámbito rural a través dos espazos, as vivencias, os lugares comúns e os propios obxectos que conforman un discurso afastado da guía establecida para o turismo masivo.

Este proxecto baséase no proceso de busca daqueles elementos que os seus protagonistas, as propias comunidades, destaquen como significativos dos seus territorios, para xerar discurso a través do diálogo aberto cos guías e os artistas.

Esta residencia foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, da Fundación Cidade da Cultura e a Deputación da Coruña. 

Ana Gesto & Edu Valiña

Ana Gesto & Edu Valiña

Ana Gesto

Performer e artista visual. Estudou Belas Artes (2003-2008) na Universidade de Vigo e en San Carlesde Valencia (onde cursou performance con Bartolomé Ferrando)coa bolsa Sicue/Séneca. Becada pola SUG para estudos de Terceiro ciclo, Nova adxudicación e prórroga, 2009-2010. Formou parte do grupo de investigación “Resistencia e Materialización” da Universidade de Vigo dende 2008 a 2011.