Socias-Amigas

Adriana Reyes, Alejandra Balboa, Alexander de Caires, Ana Beatriz Pérez, Ana López Erdozain, Ánxela Blanco, Areta Bolado, Berio Molina, Clara Ferrao, Cora Novoa, Cristina Balboa, Cristina Montero, Cristina Romero, Cris Vilariño, Davide González, Diego M. Buceta, Diego Vázquez Meizoso, Edu Valiña, Federico Vladimir, Fernando Epelde, Fran Martínez, Gena Baamonde, Giovanni Peixoto, Helena Salgueiro, Hugo Pires, Irene Cantero, Isabel Sánchez, Janet Novás, Jas Processor, Jose Díaz, Julia Laport, Laura Iturralde, Laura Villanueva, Macarena Montesinos, Manu Lago, Manuel Martín, Marcia Vázquez, María Roja, Marta Alonso, Marta Valverde, Miguel Gendre, Monica Mura, Montse Merino, Montse Piñeiro, Natalia Balseiro, Nuria Sotelo, Pablo Esbert, Paula Pintos, Paula Quintas, Remedios Cuba, Rubén Vilanova, Sabela Domínguez, Sabela Mendoza, Sabela Ramos, Verónica Moar, Vicente Conde.

Desde xullo de 2017, Colectivo RPM funciona baixo unha estrutura de asociación cultural (A. C. Colectivo RPM), na que as socias fundadoras e en activo Rut Balbís, Alexis Fernández, Félix Fernández, e Caterina Varela, conforman a directiva da asociación e marcan a folla de ruta do colectivo. A asociación conta tamén cunha ampla comunidade de socias-amigas que acompañan e forman parte da estrutura do colectivo.

Desde 2019 achegáronse ao colectivo distintas persoas vencelladas profesionalmente coas artes vivas a través da figura da socia-amiga. Unha vía de manter maior contacto coa comunidade vencellada ás artes vivas e a creación contemporánea, así como de xerar un espazo onde podamos atoparnos e reflexionar xuntas de forma colectiva sobre os novos retos que xorden na nosa comunidade.​

 

Claves da socia-amiga

  • A cota de socia-amiga é anual e ten un importe de 12 euros.​
  • O apoio ao proxecto ten carácter público a través da nosa web.
  • Se mantén unha canle de comunicaicón periódica a través de correo electrónico.
  • Existe un carácter preferente para participar nas distintas actividades da asociación. 
  • A figura de socia-amiga non é incompatible coa presentación ás distintas convocatorias RPM

 

Para formar parte de Colectivo RPM temos activo un formulario. Moitas grazas!