Residencias Paraíso 2024

Por oitavo ano consecutivo abrimos unha nova convocatoria anual de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e o financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións co-produtoras do programa, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.


Unha nova edición do programa para acoller até 9 proxectos en residencia cun importe total de 22.000€.
 

Cabeceira Paraíso 2023

Sergio Marey con Todo o mundo é contra min-eh
Casa da Cultura de Vimianzo

Aleksandar Georgiev con Fantastic Futures (A Beginning)
Auditorio de Galicia