Coreografías selváticas

Coreografías selváticas é un solo aparente, é unha masa extendida entre dúas dimensións de movimento. Unha tentativa de presenza conxunta entre: elas, as prantas, eu e vós.

Coreografías Selváticas surxe da comunicación con formas de vida vexetal e as súas posibilidades na producción sensíbel. A curiosidade que emana das prantas vai da man da experimentación, da alquimia e o cultivo, tres grandes campos magnéticos dende onde a humanidade fixo ligazóns co mundo vexetal. Cada cultura con infinidade de prácticas que van dende rituais, cerimonias chamánicas, ata usos recreativos e culinarios. Menciña e veleno; alimento.

Coreografías Selváticas pregúntase si o encanto que ten o mundo vexetal como forma de relacionarse ca vida humana pode máis. De aquí surxe a vontade do poder de imaxinar: formas de vida que suspenden a opresión en calquera das súas configuracións.

Coreografías Selváticas pretende ser un libro de botánica en movimento, un libro aberto en todo caso, para ampliar a experiencia estética a outros campos da percepción.

Adriana Reyes

Adriana Reyes

Adriana Reyes é antropóloga e creadora no campo das artes vivas. Máster en estudos feministas, e especializouse en sexualidades e diversidade. Ó mesmo tempo formouse con diferentes artistas entre España, Brasil e Portugal. Leva máis de dez anos inmersa no estudo das plantas amazónicas. As ciencias sociais, as artes vivas, os estudos transfeministas e as menciñas son os seus campos de interés, placer e acción.