Casa da Cultura de Vimianzo

Imaxe Casa da Cultura de Vimianzo

Dentro da rede de espazos colaboradores do programa de Residencias Paraíso atópase a Casa da Cultura de Vimianzo como teatro público pertencente ao Concello de Vimianzo, que se compromete desde o ano 2024 a acoller a un artista anual para o desenvolvemento dunha residencia no seu espazo.


A Casa da Cultura de Vimianzo foi inaugurada no ano 2007. Nos máis de 2.500 metros cadrados, desenvólvese unha intensa actividade cultural durante todo o ano, facendo que o Concello de Vimianzo sexa un referente en toda a comarca pola súa destacada programación cultural e deportiva.
 

Sergio Marey con Todo o mundo é contra min-eh