Noela Covelo & Élise Moreau

En esta sala hay magia

En esta sala hay magia é un proxecto que nace do epílogo da ópera A frauta máxica, que indaga nos mecanismos do xénero operístico examinándoos cunha perspectiva artística experimental. Esta investigación artéllase a redor de preguntas que cuestionan a dramaturxia de este xénero e os elementos que a compoñen: o dramatismo da acción, os interludios, os intercambios que soportan as escenas, a figuración, os movementos que ocorren á vista do público, escenografía, iluminación, accesorios, efectos especiais, sinais de entradas de artistas, etc, e todo este material analizado tómase coma fonte de material coreográfico. Os simbolismos propios de esta alegoría polisémica que é A frauta máxica, a locura, a sexualidade e a carnalidade, revísanse desde unha perspectiva actual e actualizan esta obra patrimonio sonoro europeo.

Imaxe En esta sala hay magia

Noela Covelo & Élise Moreau

Noela Covelo Velasco (Pontevedra, 1994) Graduada en Deseño, especialización de Moda en ESDi e Mestrado en Arte Sonora pola Universitat de Barcelona. A súa práctica artística vincúlase á voz como materia, medio e espazo sonoro, achegándose cada vez máis á composición coral.

O seu traballo artístico multidisciplinar foi premiado por Novos Valores en 2018, e foi exposto individualmente en Bombon Projects, e no Museo de Tortosa, no 2022. Algúns dos seus proxectos performativos puidéronse ver no espai Nyam Nyam, Mieres e no Centro de Arte Dos de Mayo, Madrid no 2023. Traballou conxuntamente con artistas como Maguette Dieng, Mookie, Quim Pujol, Víctor Ruiz Colomer, Júlia Rúbies y Arash Fayez.

Noela Covelo é cofundadora do entorno para a experimentación pedagóxica c h o r o , Foc, e integrante do grupo de estudo Cascades e Escola de Veu, La Capella e desde 2022 é parte do grupo de traballo de Radio Web MACBA.

 

Élise Moreau (Aviñón, Francia, 1992) é bailarina, coreógrafa e pedagoga. Traballou coma intérprete para creadores como Romeo Castellucci, Dominique Boivin o Jaco Van Dormael.

Á súa chegada a Barcelona en 2017 cofunda o colectivo Iniciativa Sexual Femenina, co que desenvolve traballos performativos e pedagóxicos con perspectiva libertaria, anti académica e feminista. Desde 2018, forma parte de Makrâl, un colectivo pluridisciplinar franco-belga que busca formas in situ para activar a memoria colectiva no territorio rural. No 2023 comeza Sensibilidad artificial, un proyecto individual apoiado por La Caldera, La Visiva e La Poderosa (Barcelona).