Imaxe 5x3.5
Imaxe 5x3.5 transcorre desde un lugar oposto ás palabras. Aborda os conceptos de trazo, insistencia e duración do corpo, nun espazo escénico delimitado por catro puntos cardinais. O centro da peza é unha playlist de música techno que estimula a caída das imaxes en movemento.
Manuel Parra
Artista escénico. Investigo a escritura desde o real para relatar o cotián e exercitar a memoria mediante a ficción e o corpo. Bolseiro do Fonca nas categorías de co-investimentos 2008 e novos creadores en dramaturxia 2017. Beneficiario do programa Iberescena para a creación dramatúrxica en residencia entre México e España coa compañía Funboa Escénica en Galicia. Participei en festivais de teatro, mostras e encontros de artes vivas en México, Estados Unidos, Bélxica, España e Uruguai. Máster en práctica escénica e cultura visual pola Facultade de Belas Artes da Universidade de Castela-A Mancha e Artea. En 2019 comecei o proxecto “Imaxe 5x3.5” a partir das Residencias Paraíso.