Cruceiro Santander con Manuel Martín
Acompañou no proceso creativo de LPSMSPQÑ… ao artista Manuel Martín, de Santander, aportando unha ollada externa e facilitando o traballo de residencia artística no que se atopaba o proxecto.
Clara Ferrao Diz
Bailarina, creadora e docente de danza contemporánea.
Titulada polo RCPD Mariemma, Madrid e máster pola UCAM, Murcia.
Como creadora destaca as súas pezas “Pies de plomo”, premiada CCT e no certame DOUTRAS; “Miñaxoia”, premiada nos certames La Espiral Contemporánea, DZM e DOUTRAS; e “Vicisitude”.
Participa en creacións colectivas como “Lara Hierro”, xunto a Constance Hurlé, peza premiada na FIOT; “Solodados”, xunto a Leodán Rodríguez; “Desexo”, xunto a Maximiliano Sanford e Carlos Beluga; ou “Ensaio Amor”, xunto a Nuria Sotelo, Macarena Montesinos e Lena Vilanova, peza premiada no Certame Coreográfico de Madrid.
Como intérprete colabora con compañías como Colectivo Glovo, Vacaburra, Can Cun Quinqué, Licenciada Sotelo, Al-badulaque ou Voadora.