¿Podemos hablar de Caetano?
¿Podemos hablar de Caetano? Es una investigación de Natalia Fernandes, con la colaboración de Vicky Leaks, Celso Giménez, Banca Bonet y Alván Prado. Desde 2020, Natalia está sumergida en las posibilidades de hablar de Caetano Veloso, de Brasil y de la música brasileña, su historia y sus conexiones con la vida personal de la artista.
Como resultado escénico de esta investigación, Fernandes ha llegado en la pieza-concierto titulada El Carnaval no es Alegre - un intento de hacer un concierto sin talento musical, sin instrumentos, sin banda y sin afinación.
Este proceso ha contado con distintos apoyos: Centro Coreográfico Canal, una de las Residencias Escénicas del Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque, el centro La Caldera que ha concedido una residencia de investigación en el espacio los Barros, de Elena Córdoba y Carlos Marquerie, las Residencias Paraíso, del Colectivo RPM con participación en los Encuentros de la Illa San Simón y una muestra de su trabajo dentro de la programación del FIOT 2022. Además del apoyo del Aula de las Artes de la UC3M, y de la Casa do Brasil.
Podemos falar de Caetano? É unha investigación de Natalia Fernandes, coa colaboración de Vicky Leaks, Celso Giménez, Banca Bonet e Alván Prado. Desde 2020, Natalia está mergullada nas posibilidades de falar de Caetano Veloso, de Brasil e da música brasileira, a súa historia e as súas conexións coa vida persoal da artista.
Como resultado escénico desta investigación, Fernandes chegou na peza-concerto titulada El carnaval no es alegre - un intento de facer un concerto sen talento musical, sen instrumentos, sen banda e sen afinación.
Este proceso contou con distintos apoios: Centro Coreográfico Canal, unha das Residencias Escénicas do Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque, o centro La Caldera que concedeu unha residencia de investigación no espazo os Barros, de Elena Córdoba e Carlos Marquerie, as Residencias Paraíso, do Colectivo RPM con participación nos Encontros da Illa San Simón e unha mostra do seu traballo dentro da programación do FIOT 2022. Ademais do apoio da aula das Artes da UC3M, e da Casa do Brasil.
Natalia Fernandes
Bailarina, coreógrafa e profesora de danza. Brasileira, reside en Madrid desde 2017.
A súa formación en danza dáse entre o contexto universitario e a escena contemporánea en Sao Paulo, sumado ás súas experiencias con diversos coreógrafos e coreógrafas de Alemaña, Israel, España, India, entre outros, e á súa experiencia en distintos países de Europa, Medio Oriente, África e EEUU.
É nesta mestura que Natalia recoñece as súas ferramentas creativas, invencións e desexos artísticos. O seu labor como intérprete segue abrindo camiños creativos para pensar a súa prácticas. O exercicio da docencia é o que nutre a súa creatividade e impulsa o desexo de seguir bailando. Neste equilibrio non-estático das cousas é onde o seu corpo baila.
En España, Natalia é performer en pezas de Jesus Rubio, Poliana Lima e Celso Giménez-La Tristura.
Como pedagoga estivo en distintos espazos impartindo clases da práctica Anatomía Inventada, e como coreógrafa participou da obra ´Breve Historia do Ferrocarril Español´, no CDN e traballa actualmente na súa nova investigación Podemos Falar de Caetano?