Mónica Mura

Encontro con Chiara Mulas e Serge Pey

Grazas á axuda concedida por Cruceiros Paraíso 2021, o capítulo expandido do programa de Residencias do colectivo RPM, a italiana Monica Mura (1979, Cagliari), artista interdisciplinar, performer e artivista, viaxará a Francia desde Santiago de Compostela, cidade na que vive desde fai vinte anos, para atoparse con Chiara Mulas e Serge Pey. 

Mónica Mura

Monica Mura (Italia 1979). Artista interdisciplinar, performer e artivista. Doutorada en D.A.M.S., é membro de MAV, A_Colectiva e Womarts. Foi seleccionada en convocatorias entre España, Italia, Portugal, Bélxica, Dubái, Ecuador, Arxentina e Costa Rica recibindo premios, bolsas e residencias. Levou a cabo as súas accións e expuxo en espazos sinalados da arte contemporánea e en institucións de prestixio como: Museo Thyssen- Bornemisza, ARCO MADRID, Museo Vostell Malpartida, CGAC Centro de Arte Contemporáneo, Museo Centro Gaiás, Sala Dogana-Palazzo Ducale de Xénova, XX Bienal de Arte de Cerveira, MIA Anywhere Virtual Museum, II Biennale della Fiber Art Sardegna etc. 

O seu traballo foi publicado en artigos, libros, teses e catálogos, e foron retransmitidos en programas especializados como ZigZag da TVG e A aventura do saber. LaBolsa de TVE.