Sobre o concepto do tempo
Esta experimentación busca explorar o concepto de duración e formación do tempo subxectivo. A través da memoria primaria presente no arquivo do corpo e a conciencia pode trascender a inmediatez do agora empalmando o “non-máis-agora”, razón pola que cada fase perceptiva, é dicir, cada postura do corpo, fai referencia intencional a unha sección transversal extendida do tempo. O noso obxectivo é explorar, illar e re-encaixar estas figuras alternativas do tempo.
A nosa intención non foi a de reconstruir o ritual da Danza do Abellón, que en si meso está completamente perdido, senón explorar as súas fontes antropolóxicas reconfigurándoas a través da peneira da imaxinación nunha lingua contemporánea. Experimentamos coa postura do corpo como unha mestura delicada de equilibrios internos e externos que emerxen coa articulación do tempo e a percepción do cambio. Igualmente vital será o traballo do son pola súa capacidade para expresar sentimentos subcutáneos alén da sintaxe verbal, mentres que o espazo óptico, formado pola bailarina Victoria Macarte, o músico Pablo Orza e a maquinaria escénica restante, dará riqueza, complexidade e significado á peza.
Marco Antonio Regueiro Fariña
Traballei como coreógrafo, dramaturgo, intérprete e artista visual, recibindo o apoio do Ministerio de Cultural e a Generalitat de Catalunya entre o 2004 e o 2008 para investigación, produción e xira coa miña propia compañía Lucier xunto a Geni Iglesiasm colaborando previamente con Mal Pelo, Sol Picó, Mark Tompkins e estudando desde os anos 90 danza contemporánea e improvisación en Barcelona, Londres e Nova York. No 2014 cambiei de perspectiva e comecei a indagar nas orixes do teatro trasladándome a Italia para traballar coa Socìetas Raffaelo Sanzio, compañía fundada por Romeo Castelluci, Claudia Castelluci e Chiara Guidi en Cese-na, investigando no seu arquivo e interpretando na escena en “Nella, terra dei lombrichi”, “Sulla condanna dell’ origine” e tamén “Gola”de Chiara Guidi, “Cònia” e “Mòra” de Claudia Castelluci, participando en varios seminarios organizados polos críticos de arte Piersandra di Matteo, Lucia Amara, Roberta Ioli, Alessandro Bedosti, Carlo Serra e os músicos Scott Gibbons e Enrico Malatesta. Posteriormente no 2017 creei a peza “Preludi Orfici” inspirada nas laminiñas de ouro órficas e o mito de Orfeo, presentado no LEAL/LAV de Tenerife e L’Antic Teatre de Barcelona.