Cerimonia
Cerimonia é un proxecto performativo arredor do rito antropolóxico a través do xesto. Baseándose na estética da cerimonia do té, reflexiónase acerca da divisón Oriente/Occidente tomando referencias como o kárate, o ballet ou a relixión, e investígase como a linguaxe do movemento e a cerámica poden confluír.
Helena Salgueiro & Verónica Moar
Helena Salgueiro
Directora teatral, performer, bailarina e poeta. O seu traballo performativo exhíbese en teatros, museos e espacios non convencionais de Suecia, Escocia, Inglaterra, Portugal, Galiza e Arabia. Ten publicado dous poemarios e unha obra teatral en galego. Participa en antoloxías de poesía contemporánea, traducións, publicacións académicas e de crítica escénica no contexto galego e británico, e imparte obradoiros en universidades e festivais galegxs sobre arte de acción e escritura. O seu traballo xira arredor do movemento e a linguaxe a través dunha estética conceptual e híbrida.
Verónica Moar
Filóloga e ceramista galega.
A súa práctica artística caracterízase por desdibuxar as fronteiras convencionais da cerámica expandindo as súas posibilidades en eidos como a escultura, a performance e a danza contemporánea. Estes diálogos entre as artes plásticas e as artes vivas desembocaron nun terreo híbrido e colaborativo con artistas plásticos, poetas, dramaturgas ou coreógrafas. A súa obra tense amosado en exposicións individuais e colectivas a nivel nacional e internacional.