Residencias Paraíso 2026

Abrimos a décima edición da convocatoria anual de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado por RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e
as artes vivas de creación contemporánea en Galicia, e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Oleiros, Concello de Ponteareas, Concello de Ribadavia, Deputación de Pontevedra e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

O exercicio de diálogo e colaboración entre impulsores, coprodutores e espazos cómplices define a identidade propia deste programa e fai posible unha nova edición que dará acollida até 10 proxectos en residencia, cun importe total de
25.000 €.

 

Imaxes Hermanas Gestring / Encontro Paraíso 2022
©Ruben Vilanova / Hermanas Gestring / Encontro Paraíso 2022