Residencias Paraíso 2025

Por noveno ano consecutivo abrimos a convocatoria anual de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado por RPM –como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia– e o financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e das distintas institucións co-produtoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubión, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Cunha dotación total de 20.000€, o programa 2025 acompaña os procesos de Antón Yanguas, Euyín Eugene, Isabel Do Diego, Natalia Fernandes & Marta Azparren, Suevia Rojo, Rocío Bello & Javier Hernando, Bal Castro e Isolda Comesaña.

 

Imaxe Residencias Paraíso 2025