Residencias Paraíso 2024

Por oitavo ano consecutivo abrimos unha nova convocatoria anual de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e o financiamento da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións co-produtoras do programa, Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Pontevedra, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.


En 2024, son 9 os proxectos en residencia cunha dotación total de 22.000€, que nos permite acompañar os procesos de Ana Cotoré, Cris Balboa, Desgarradura – Víctor Longás & Lucas Ares, Fran Rodríguez & Brais Pombo, Furia Sotelo, José Ramón Hernández – Osikán Vivero de Creación, Lucas Damiani, Noela Covelo & Élise Moreau e Sergio Marey.
 

Cabeceira Paraíso 2023