Colectivo RPM, en colaboración co Auditorio de Galicia, impulsa un laboratorio coa artista Tânia Carvalho dirixido a artistas do campo das artes performativas con interese de compartir unha experiencia colectiva arredor do universo artístico desta coreógrafa portuguesa.
O laboratorio –que terá lugar entre os días 11 e 14 de agosto na Casa das Máquinas de Santiago de Compostela– navegará entre dúas das súas obras, A tecedura do caos e Ventre do vulcão. O obxectivo desta iniciativa é construír unha versión colectiva que se poderá ver na Casa das Máquinas o día 14 de agosto, dentro do marco do Festival C de Santiago de Compostela.
/ Esta actividade é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña