Logo de dez anos de vida, en RPM cumprimos o desexo de ter unha chave propia. Un espazo imaxinado dende fai tempo para nos atopar máis, para nos chocar unhas coas outras máis a miúdo, para pechar pantallas e comer xuntas.
Ademais de lugar de traballo para o equipo RPM, este espazo –situado na Cidade Vella da Coruña– é o escenario no que deseñamos un programa de prácticas íntimas e prácticas de comensalidade para construír xuntas a nosa propia idea de comunidade. Un lugar no que artistas e cidadanía sensible se poida recoñecer, facendo parte de experiencias singulares arredor do campo das artes vivas.
Se che apetece vir a coñecernos, agardámoste na Rúa San Carlos 8 baixo 2 da Cidade Vella da Coruña.
O equipamento de Espazo RPM foi posible grazas a unha axuda de Investimento da Deputación da Coruña.