Encontro Paraíso Illa San Simón é a cita anual do programa Residencias Paraíso que terá lugar entre o 12 e o 14 de setembro de 2025 na Illa San Simón (Redondela, Pontevedra).
O encontro, no que participan todos os artistas Paraíso 2025 e numerosos profesionais convidados de dentro e de fóra de Galicia, está pensado para compartir os procesos artísticos en residencia desenvolvidos durante o ano e para xerar un espazo de coñecemento conxunto.
Ademáis, nesta novena edición ampliamos as residencias na propia Illa San Simón a longo de dez días con tres artistas convidadas.
O encontro procura atoparnos na intimidade dunha illa tan singular como a de San Simón para unha convivencia intensa e, ogallá, moi nutritiva para todas as artistas e profesionais convocadas.
Grazas por facelo posible.