Hiperespazos

En 2017, Colectivo RPM leva a curadoría e a mediación das xornadas “ Hiperespazos. A casa fóra da casa.” Ao longo destas xornadas, e dentro do proceso de repensar os usos dos espazos e equipamentos institucionais existentes na Coruña, déronse a coñecer certos exemplos inspiradores da península que funcionan de maneira innovadora ao redor do concepto de residencia artística, da planificación e uso integral de espazos culturais e socio-comunitarios e da aposta de cada territorio polo seu talento artístico e polo desenvolvemento da súa creatividade.

Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxe Hiperespazos
Imaxes Hiperespazos | Nela Fraga

Durante as xornadas, ademais de achegarnos aos universos particulares de proxectos e persoas convidadas –que compartiron a súa experiencia desde bibliotecas, centros cívicos e sociais, espazos culturais, residencias artísticas, espazos auto-xestionados… – propuxemos unha viaxe conxunta a eses universos comúns polos que é preciso transitar para construír un proxecto innovador, dinámico, aberto, participado, integrador e sostible.

Deste xeito, ao longo de tres días abríronse distintos espazos de aprendizaxe colectiva para imaxinar xuntas eses universos que configuran o hiperespacio: as persoas (equipos e usuarias), as estruturas administrativas e xurídicas, os afectos, os recursos económicos, os recursos técnicos e materiais, o diálogo co contexto, e os criterios e identidade propias.

Para todas as persoas que non puideron achegarse ás xornadas existen dous grupos importantes de materiais de consulta.

Por unha banda, os vídeos de documentación de cada unha das presentacións e dinámicas propostas nos universos e, por outra banda, o exercicio de reflexión e análise da relatoría encargada a Ania González, Horacio González e Enrique Lista. Unha ferramenta marabillosa para seguir tirando dos fíos que apareceron durante Hiperespazos.

Programa Hiperespazos

Vídeos documentación

Relatoría Hiperespacios