Marta Rodríguez Lázaro
Marta Rodríguez Lázaro
Marta Rodríguez Lázaro (A Coruña) comeza os seus estudos artísticos no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña, e posteriormente gradúase en Artes Visuais e Danza no Instituto Universitario de Danza Alicia Alonso da Universidade Rey Juan Carlos, con mención en Artes Circenses e especialidade en malabares con pelotas. Participa coas súas propias creacións no festival de Teatro e Artes de Rúa de Valladolid (TAC) e en espazos como a Escola de Circo Carampa de Madrid e NORMAL Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña.