Todo o mundo é contra min-eh

Residencia | 15–27.04.2024 | Casa da Cultura de Vimianzo
Mostra aberta | 27.04.2024 | 20.30 h | Casa da Cultura de Vimianzo

 

Todo o mundo é contra min-eh é un proxecto de creación dunha peza performativa  a partires dunha investigación titulada Rural e tradición, un fogar en igualdade que Sergio publicou en 2023 sobre o colectivo LGBTIQA+ na música tradicional galega. Neste ensaio, reflexiona sobre a importancia de mirar o folclore galego dende unha perspectiva queer, reinvidicando a nosa cultura popular como un espazo de liberdade. En Todo o mundo é contra min-eh vai na procura desta reflexión social arredor do que entendemos por tradición, por cultura galega, facendo fincapé na importancia da memoria, de como se crea e como se constrúe.

Sergio Marey

Sergio Marey

Sergio Marey provén dunha familia labrega e hosteleira, dun concello da montaña lucense, Pol, que lle deu un continuo e invaluabel contacto co rural galego. Esa cercanía guía a súa relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. É tan estreita esta relación que non concibe a súa actividade como algo alleo, senon como un axente que se interrelaciona co resto o que provoca en sí cultura.