Jandross Rodríguez
Jandross Rodríguez
Alejandro Rodríguez, coñecido artisticamente como Jandross (Vilagarcía de Arousa, 2000), é un bailarín e creador galego cuxo traballo se sitúa na intersección entre a práctica escénica, a investigación académica e a xestión cultural. Formado inicialmente en Hip Hop e teatro musical, dende o ano 2018 centra a súa linguaxe artística no Waacking, participando activamente na comunidade nacional e internacional deste estilo e consolidando a súa formación con grandes referentes en diversos eventos e cursos internacionais ao longo dos últimos sete anos.