Sinte

Residencia | 13–24.05.2024 | Vello Cárcere de Lugo
Mostra aberta | 24.05.2024 | 20.00 h | Vello Cárcere de Lugo
 

Sinte é un proxecto coa música como catalizador, a palabra como xogo e o baile como liberación. Unha viaxe desde a fraxilidade para desarmar as corazas coas que nos movemos polo mundo e celebrar que todas somos seres sensibles vibrando en frecuencias diversas. Cris Balboa relata con paixón o seu conflito co mundo que nos rodea desde un punto de vista singular e persoal, buscando influir nos estados de ánimo colectivos a través da música electrónica. Sinte proponse como un lugar de expresión nunha sociedade cada vez máis afeita á frialdade das transaccións económicas, desbordada pola velocidade terminal que nos fai menos conscientes da nosa realidade. 

imaxe Sinte Cris Balboa
Foto Henrique Lamas

Cristina Balboa

Cristina Balboa

Creadora galega que ten como motor a presentación escénica do absurdo cotián na procura dun diálogo xeracional onde a palabra, a acción, a danza, o audiovisual e a música mesturánse na súa proposta artística. Investiga sobre a posibilidade de transformación social e persoal que ten a arte atravesando a súa obra con elementos narrativos que basculan entre a ironía, o humor, o hedonismo ou mesmo a desesperación.