Sagrado Corazón

Sagrado Corazón é unha investigación escénica da artista galega Isolda Comesaña Alcaraz arredor do desexo, a divinidade, o privilexio e a vinganza, que partindo dunha cartografía do corazón a través da vulnerabilidade e a apertura nun sentido emocional, escolle o marco estético da Idade Media europea: cabaleiros de armadura, espadas, dragóns e unicornios.

A armadura amósase como o símbolo perfecto para as moitas fortalezas e muros que se constrúen ás veces nos corazóns das persoas, desconectadas das propias emocións e das dos demais. O cabaleiro é o símbolo do heroe que emprende unha viaxe iniciática, onde a superación de distintos obstáculos para “salvar” (tradicionalmente, unha princesa, ou liberar ao reino das garras dalgunha criatura máxica como un dragón) non é máis que un salvamento propio, unha viaxe interna, cuxo fin é abandonar a armadura para atopar o propio corazón: ese é o destino final.

Este interese estético trae consigo unha reflexión necesaria desde o prisma político: que teñen que ver todas estas lendas coa construcción de Europa como entidade? Como contribúe este imaxinario medieval á identidade europea? Cando, como e por que se constrúe o relato do cabaleiro medieval cristián e que relación ten coa presenza musulmá? Canto de relato contemporáneo hai na nosa visión dese pasado que, en realidade, non coñecemos tanto? Canto de racismo e etnocentrismo hai nesa construcción? Foi ou é Europa branca, cristiá e nobre?

Ademáis Sagrado Corazón é unha investigación escénica que a través dunha lenguaxe híbrida entre poesía, danza, videoproxección e instalación, aborda o corpo no artefacto artístico, xurdindo a tensión entre o imaxinario medieval e o corpo, neste caso, específicamente das mulleres. Deste xeito Isolda se pregunta ¿En que lugar desta cartografía se sitúa o desexo e a erótica? ¿Que pasa se observamos moitas das obras ao longo da historia da arte europea, de contido cristián, que nos pasa cando vemos esas éxtases, paixóns, martirios? ¿Como nomear este conflito subterráneo entre a propia institución da culpa xudeocristiá, a monitorización do corpo das mulleres e a súa adscrición ao pecado orixinal, e a erótica das éxtases, da percepción sensíbel da presenza divina, os versos de Santa Teresa de Xesús? ¿Foi o cristianismo o principio ordenador que veu a trastocar esencialmente a relación dos pobos coa natura fértil e exhuberante?

En Sagrado Corazón Isolda busca cuestionar a feminidade extasiada e erótica da pasividade fértil, da muller-nai, muller-natureza, muller dadora de vida, para situarse na loita, na restauración da propia axencia, mediante os símbolos que se negaron históricamente ás mulleres: a espada, a armadura, o lume, a guerra, que, como na tradición sufí, non é unha guerra fronte a un inimigo externo, senón que as máis das veces esa yihad é, en realidade, unha guerra interna, unha viaxe pola paisaxe interior e descubrir os colonos do propio corazón.

Isolda Comesaña

Isolda Comesaña

Isolda Comesaña Alcaraz é unha creadora e actriz formada en Interpretación Xestual pola ESAD que actualmente estuda o Mestrado de Igualdade, Xénero e Educación pola USC, ademáis de Ciencias Ambientais pola UNED.