Amalia Fernández
Amalia Fernández
Granada, 1970.
Formada en danza no Conservatorio de Sevilla e, posteriormente, en diversos laboratorios con artistas como Ana Buitrago, Olga Mesa, Elena Córdoba e Mónica Valenciano, entre outras.
O laboratorio RPM 2026 con Amalia Fernández —titulado Prácticas en Construción— procura unha versión colectiva propia da súa peza En Construcción.
En Construcción é o proceso de montaxe dunha escena fronte ao público, e a súa posterior deconstrución, o que supón un despregamento de formas que converte dita escena nunha escusa para ir cara a outro lugar.
Neste sentido, é unha viaxe desde o teatro, no sentido convencional, ata a coreografía. A escena en si mesma é o marco estable que nos permite ir moi lonxe para logo regresar. É un lugar de ida e volta, que suxire un tempo infinito, circular, pero non repetitivo, xa que en cada volta do “círculo” se despregan elementos dramatúrxicos e coreográficos diferentes, que desencadean situacións e estruturas (partituras) novas e, como consecuencia, novas relecturas da obra. O despregamento que se propón é concreto, pero non conclusivo, é dicir, non se pecha. Suxire a infinidade de cousas que poderían ocorrer se non fose porque o tempo de representación é limitado.
En Construcción non é unha peza cun final, senón máis ben un proxecto que se desprega en distintas direccións, con distintos obxectivos, distintos intérpretes e distintos públicos.
A peza propón ao espectador unha experiencia de actualización continua, xa que todo se reescribe, se crea, se destrúe e se volve crear con outro sentido, de diante cara atrás e de atrás cara adiante, transitando entre o lóxico e o absurdo, o convencional e o experimental, o repetitivo e o inesperado.
En Construcción é música visual e imaxe musical.
Granada, 1970.
Formada en danza no Conservatorio de Sevilla e, posteriormente, en diversos laboratorios con artistas como Ana Buitrago, Olga Mesa, Elena Córdoba e Mónica Valenciano, entre outras.