Memorias Danzantes

O corpo ocupa activamente un espazo e encheo dunha linguaxe xestual cos seus movementos. Todas nós habitamos un espazo, dentro del creamos unha existencia, unha memoria. A través do movemento podemos expresar significados. O código social occidental (dende calquera crenza relixiosa e mercantilista) inculca á muller unha serie de actitudes/movementos, como xa estudara a fotógrafa feminista Marianne Wex co seu libro “Let’s take back our space” deixando clara a dicotomía de xénero na linguaxe corporal. O corpo socializado, corpo ideado como propiedade sobre o que se lexisla, se posúe ou se tenta copiar, O CORPO BAIXO UN PATRÓN. 

SOMOS MULLERES COMO AS QUE FORON ANTES 

O corpo fala. A forma de como nos movemos dala da nosa habilidade de acción?

O emprego da danza entendida como canle que permite sair dun esquema persoal para levalo a un acto público. A descontextualización do cotiá nos pode levar a unha “naturalización” ou “desnaturalización” de determinados movementos? 

Movémonos axintándonos no puro cambio, así en cada ciclo un corpo sutilmente novo maniféstase, nel e con él aprendemos a vida, recuperamos o que as que viñeron antes legáronnos. Recoñecemos alumeamos as sombras que nos foron impoñendo dende hai tempo. 

Queremos repensar o paso do tempo expresado no corpo. A experiencia feminina do movemento cotiá trasladado ao eido da danza xerando memoria visual e compartindo experiencias en presente. A vida cotiá das memorias do corpo cambiante, do corpo identidade, corpo tempo, corpo creador. 

Miriam Rodríguez & Olga Cameselle

Miriam Rodríguez & Olga Cameselle

Miriam Rodríguez 

Estudo en Vigo Realización Audiovisual en 2010 e dende entón adícome ao video. Realizando dende videoarte, reportaxes, publicidade, participando en películas, videos promocionais de obras de teatro e proxectos...co-fundadora do colectivo videopoético Fiinda.

 

Olga Cameselle 

Coreógrafa, bailarina e pedagoga da danza.