Lobes Salvaxes

Lobes Salvaxes é unha investigación situada que medra no seo da tese doutoral de Alba Casas e que se transforma dende a colaboración co artista Adrian Riveiro. Adentramonos no imaxinario do salvaxe e do monstruoso dentro da nosa cultura galega a partir figura do lobo e da licantropía, abordando unha simboloxía disidente que subvirte a historia oficial e propón unha mirada crítica e emancipada fronte á norma.

Nun tempo de disciplinamento dos corpos e das identidades, os lobos/lobas/licántropxs emerxen como metáfora dun desorde necesario. Seres que desobedecen as lóxicas binarias de sexo e xénero, corpos que resisten ao intento de domesticación e control. A súa presenza convírtese nunha ferramenta para pensar a disidencia sexual e de xénero en Galicia: un mapa de violencias e tamén de resistencias.

Durante a nosa estadía nas Residencias Paraíso buscamos construír unha xenealoxía especulativa, unha deriva escénica que atravesa a teoría e se ancla na cultura oral. A través da performance, o videoarte e a paisaxe sonora, imaxinamos novos relatos lobeiros, abrindo espazo para un conto colectivo e mutante, entre o real e o fantástico.

Un proxecto multidisciplinar que habita os marxes e propón unha nova estrutura de sensibilidade: salvaxe, queer e desobediente.
 

Imaxe Lobes Salvaxes

Alba Casas & Adrian Riveiro

Alba Casas & Adrian Riveiro

Alba Casas é unha artista multidisciplinar e investigadora pre-doutoral con base en Galicia, España. Naceu nas Neves, unha aldea situada na brumosa fronteira con Portugal. Cun forte vínculo co territorio, medrar como persoa queer nunha paisaxe rural marcada por fronteiras políticas, sociais e xeográficas acabou por moldear o seu camiño.Vivir entre límites alimentou a capacidade de Alba para cruzar disciplinas, conceptos e xeografías, dando lugar a unha práctica híbrida que disolve os límites tradicionais.