Noel Quintela
Noel Quintela
Noel Quintela criouse entre Monforte e Manán (Sarria). Estudou o grao profesional de danza contemporánea no Institut del Teatre de Barcelona. Tras acabar, traballou por dous anos en Dantzaz (Donostia) e agora leva un ano de bailarín independente en Portugal, traballando con Joana Providência e João dos Santos Martins. Entre tanto, en 2022 presentou o seu solo O panda vermello no Ciclo Mexer do MIHL, e en 2023 creou diferentes performances xunto co Qbonito colectivo que foron presentadas en Tabakalera Donostia.