Knifelike é un proxecto multidisciplinar que provoca o encontro/cruce/xogo/fusión entre a instalación, o movemento e o son, onde as disciplinas dilúense para xerar unha reflexión sobre as relacións da corporalidade do individuo coa súa imaxe virtual.
Elvi Balboa e Ignacio J. Cabelo, investigan a obsesión por construír a identidade por medio da visualización do reflexo da propia imaxe. A través dun espello ou dunha pantalla a percepción altérase e se deforma xerando expectativas da nosa identidade e en consecuencia, unha nova realidade.