Jastas Pista 2024

Venres 27 de decembro de 19 a 22 horas no Bar La Barra
(entrega de dorsais dende ás 18 h)

 

Para celebrar o final de 2024 temos preparada unha última actividade que nos fai especial ilusión. Imos pechar o ano bailando da man das Hermanas Gestring nun maratón de baile veciñal que facemos en colaboración co Bar La Barra na Coruña. Baixo a batuta das Hermanas Gestring e o acompañamento de Jas Processor como DJ convidado e de Alba Fernández Cotelo, Alexis Fernández, Ana Beatriz Pérez, Armando Martén e Eloi García como artistas locais convidadas abrimos un espazo lúdico para toda a veciñanza.

Un maratón de baile veciñal con premios e xurado popular para pechar o ano cunha experiencia colectiva.

Imaxe Hermanas Gestring

Hermanas Gestring

Hermanas Gestring

Primeiro premio ex aequo no 30º Certame Coreográfico de Madrid. Premio Lorca 2017 Mellores Bailarinas de Danza Contemporánea por "GOOD GIRL". Laura e Greta deciden unirse en 2013 e apostar por novos camiños para a creación. Para iso configuran dous personaxes: Aletra e Virtue, capaces de adaptarse ao inmediatamente dispoñible. De modo natural a vídeo-creación convértese na súa principal ferramenta, a través de Youtube e mesmo Whatssap. Deron paso á performance creando obras para galerías de arte e espazos alternativos como “Enfajadas” ou “Pulquérrimas” dentro do programa Iniciarche.