Instinto desexo

Instinto desexo é o primeiro traballo en solitario de Bal Castro, un proxecto de corte autobiográfico no que fala da capitalización do seu corpo e do seu erotismo, da utilización da súa imaxe como principal medio para conseguir ser validado, sendo o sexo a súa moeda de cambio.

En Instinto desexo , Bal Castro nos achega a unha proposta na que reflexiona sobre a proxección da súa imaxe nos outros, proxección que pode suscitar un desexo dependendo da persoa que a mire. Ese desexo convértese no motor que o move cara ao seu último obxectivo: a procura insaciable de amor.

Bal interpela ao espectador afirmando que todos temos un capital sexual que utilizamos consciente ou inconscientemente, que todos temos algo que nos fai desexables, e proponnos unha viaxe imaxinaria polos diferentes contextos nos que se inscribe esta búsqueda, explorando os distintos códigos de comunicación non verbais empregados, apuntando que calquer erro á hora de ler ditos sináis pode acarrear riscos de intensidades variables.

A través de Instinto desexo , Bal quere adentrarnos nas distintas sensacións físicas e pensamentos gardados na súa memoria corporal presentes neses encontros furtivos, onde o feito de camiñar e camiñar nos sitúa nunha búsqueda incesante no que descubrir diferentes corporalidades e calidades de movemento, convidándonos a reflexionar sobre a hipersexualización e a mercantilización da nosa imaxe e dos nosos corpos no noso contexto social actual. 
 

Bal Castro

Bal Castro

Bal Castro é un actor e bailarín formado en interpretación xestual na ESAD de Galicia. Tamén formado en danza contemporánea en Oficina Zero da man da coreógrafa e artista Mafalda Deville, Porto. Complementa a súa formación en danza contemporánea da man de Olga Cameselle. Actualmente forma parte do proceso creativo de danza contemporánea da man do colectivo ICODACO.