Ghastas Pista 2025

Celebremos o remate do ano coma se fose o último! Pechamos o ano 2025 bailando nun maratón de baile veciñal. As persoas anfitrioas da velada serán DJ Sátiros (aka Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld), acompañadas de sete artistas locais: Alicia López, Antón Yanguas, Drea Castro, Fran Sieira, Myriam González, Nelu Vermouth e Samuel Galán. 

Un maratón de baile colectivo con premios e xurado popular habitado por seres pagáns, criaturas e figuras das mitoloxías que a cada quen lle veña en gana.

 

/ Esta actividade é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña

Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld

Federico Vladimir e Pablo Lilienfeld

Traballamos como colectivo desde o 2014. Os dous estudamos Comunicación Audiovisual na Universidade Complutense de Madrid pero tras a universidade Fede decantouse polas artes visuais -completando un MA no Royal College of Arts en Londres- e Pablo pola coreografía e a creación musical -estudando danza no RCPD de Madrid-. Vivimos en Bruxelas desde o 2017 onde Federico participou no programa de investigación a. pass e Pablo completou Research Studios en P.A. R. T.S.