DOVEA (D'Onde Vem Ese Aturuxo?)

DOVEA (D'Onde Vem Ese Aturuxo?) é o primeiro espectáculo da cía. Tuatha, no que estivemos a traballar en Dantzagunea, Errenteria (Cruceiros Paraiso 2022).

En DOVEA exploramos a importancia da escoita nas nosas vidas e interaccións co mundo. Buscamos indagar nas diversas facetas da esoita: a ausencia dela, o impacto emocional que pode ter en nós e a conexión profunda que surxe cando somos escoitades.

Para falar de algo temos que ser escoitades, e precisamente diso falamos: de todas as veces que non o fomos, das que si e de como respondemos.

Tuatha

Tuatha

Tuatha (Eloi García e Myriam González) é unha compañía emerxente galega de A Coruña, formada en 2019. Comeza a súa traxectoria na danza en estilos de danzas urbanas como House, Hip Hop, Waacking e Popping, que fusionan nas súas creacións co movemento e creación contemporánea.