Cuando le permito al cuerpo aquello que digo

"Cuando le permito al cuerpo aquello que digo" é un proxecto de investigación física que se propón espreitar e observar a garganta, a mandíbula, a boca (lingua) e a respiración como orixes desde os que facer florecer o movemento.

Alejandra propón, xunto con Pavel Amilcar (violinista), liñas de exploración que potencien o factor experiencial que reside no acto de moverse, no acto de estar e no acto de atravesar o espazo. Permitindo que os desexos, as substancias veladas na carne, sexan as creadoras do discurso corporal, sonoro e espacial.

Alejandra Balboa

Alejandra Balboa

Bailarina e creadora graduada pola Escola Superior de Dança en Portugal. Bolseira coas compañías OtraDanza de Alicante, Irene K de Bélxica e Francesca Selva de Italia. 

En 2016 comeza o seu camiño no mundo da creación, abordando o movemento desde un punto de vista persoal e introspectivo. Con as súas pezas foi semifinalista no certame de coreográfia Burgos & Nueva York e finalista no certame Sólodos en Danza de Ourense.