Cruceiro Dantzagunea

O Cruceiro Paraíso en Danztagunea permitiume investigar e profundizar no meu traballo individual e tamén coñecer parte do contexto vasco, outros espazos, compañías, programacións. Foi unha semana moi rica en estímulos.

No estudo traballei a concepción do corpo como almacén da memoria, identificando qué partes rexistran esa información e de qué forma habitan nel. Explorando as texturas físicas que suceden dun recordo, dunha imaxe, dunha sensación.

Alejandra Balboa

Alejandra Balboa

Bailarina e creadora graduada pola Escola Superior de Dança en Portugal. Bolseira coas compañías OtraDanza de Alicante, Irene K de Bélxica e Francesca Selva de Italia. 

En 2016 comeza o seu camiño no mundo da creación, abordando o movemento desde un punto de vista persoal e introspectivo. Con as súas pezas foi semifinalista no certame de coreográfia Burgos & Nueva York e finalista no certame Sólodos en Danza de Ourense.