Cerrados y dormidos los ojos bailan

Un diálogo entre a Anatomía Inventada de Natalia Fernandes e o Cine Ciego de Marta Azparren.

Deste encontro, as dúas creadoras inician unha investigación que propón a construción do corpo imaxinario dunha non-bailarina posible (aquela que ocupa o negativo da bailarina), a creación colectiva da súa anatomía tan precisa como imposible e xerar unha conciencia sobre a mirada do público e a súa posición política diante dos discursos impresos no corpo en movemento.

Nun proceso que pensan sempre aberto, Marta e Natalia teñen o desexo, na súa estancia en Ribadavia, de revisitar o material teórico e escénico explorado deste primeiro encontro para seguir investigando e buscando as estratexias performativas de como traducir este diálogo co público co desexo de transformar e seguir bailando cos nosos ollos.
 

Natalia Fernandes & Marta Azparren

Natalia Fernandes & Marta Azparren

Natalia Fernandes é unha intérprete e creadora brasileira establecida en España dende 2017. A súa formación en danza desenvólvese entre o contexto universitario (UNICAMP) e a escena contemporánea paulista. Traballou con coreógrafos en Alemaña, Israel, España, India, etc., e como creadora e profesora en países de Europa, Oriente Próximo, África e EE.UU. En 2017, iniciou a súa investigación sobre o método Anatomía Inventada e comezou unha serie de traballos en España con Jesús Rubio Gamo, Celso Giménez/La Tristura, Poliana Lima, entre outros.