Botar de menos o futuro

É posible botar de menos o futuro? A falta de emancipación na nosa xeración pode provocar unha nostalxia sobre o futuro que non viviremos? 

Este proxecto é unha investigación de Disiden.Cia, que parte dunha sensación compartida de desorientación, incertidume, agotamento e de non pertenenza, situando a outredade e o "alien" no centro da súa búsqueda. Desde a necesidade de detener a produción constante, o proxecto quere profundar nunha práctica artística propia e unha linguaxe escénica como compañía.

Disiden.Cia navega en corpos híbridos, andróxinos e “alienados”, cas influencias do futurismo de finais do século XX, pero nun momento que difire moito da proxección de futuro que tiñan nesas décadas, observando agora o colapso contemporáneo.

"Botar de menos o futuro" cuestiona as identidades normativas, a lóxica produtiva e os marcos cis-heteronormativos entendendo o "alien" non como exclusión, se non como potencia creativa, absurda e lugar de encontro.
 

Imaxe Disiden.Cia

Disiden.Cia

Disiden.Cia

Disiden.Cia é unha colectivo metade navarro - metade galego formado por Martina Los Arcos e Marcia Vázquez, dúas bailarinas de Pamplona e Vigo, respectivamente. Coincidiron en formación en danza contemporánea na Faktoria Choreographic Center.