Bautismo

Pases Bautismo – 20, 21 e 22 de decembro de 2024 > Formulario de reserva

 

Bautismo é unha peza de inmersión, unha incursión privada e fuxaz nun espazo de coidados onde poder deixar o teu corpo suspendido entre as burbullas dun jacuzzi desbordante de recordos líquidos colectivos. Bautismo é un rito de paso, unha experiencia efervescente nun caldo primixenio no que poder devir nun intre en solitario. Creada no verán de 2021 a modo de antídoto contra a tristeza e os medos xeneralizados característicos dos meses de pandemia que a precederon, a peza trata de ser unha especie de bálsamo, un lugar ao mesmo tempo de evasión e de reconexión. Bautismo é a primeira dunha serie de pezas de inmersión para corpos acuáticos da artista.

Bautismo estará aberta durante tres días (20, 21 e 22 de decembro de 2024) con pases individuais de 30 minutos de duración, previa reserva de horario. 

Bautismo é unha peza de iara Solano Arana, co apoio do Teatro de La Abadía Madrid. A idea orixinal, o texto e a voz son de iara Solano Arana, a música orixinal e acompañamento de Sammy Metcalfe e a locución de apertura/peche de Camila Vecco Haddad.

 

Este Cruceiro Paraíso é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña.
 

Imaxe Bautismo

iara Solano

iara Solano

iara Solano Arana é creadora e investigadora licenciada en Artes Escénicas Europeas pola Universidade de Rose Bruford College (Reino Unido) e con Máster en Práctica Escénica e Cultura Visual. A súa práctica céntrase no deseño de dispositivos relacionais que atravesan disciplinas e que colocan ao público como núcleo ou detonante dunha peza escénica, expositiva ou audiovisual.