O Sirius Arts Centre é unha organización de artes multidisciplinarias no distrito municipal de Cobh-Glanmire no leste de Cork. Está ubicado nun fermoso edificio de estilo italiano deseñado por Anthony Salvin en 1854 para acoller o Royal Cork Yacht Club, o máis antigo do mundo.
Dende fai trinta e un anos, o edificio alberga o Sirius Arts Centre; unha organización dedicada á facilitación e desenvolvemento da expresión artística a nivel local, nacional e internacional. Esta é a única organización deste tipo na área do leste de Cork.
No ano 2021, colaboramos con este espazo para acoller o Cruceiro Paraíso de Ex Architectures, baixo o título de "Performing Architectures".