KVS

Imaxe KVS

KVS é o teatro flamengo da cidade de Bruxelas. O obxectivo de KVS é reinterpretar o repertorio en relación cunha cidade que é, máis ca nunca, o mundo enteiro. KVS abraza a cidade e a súa pluralidade, e pretende amplificar a súa voz artística no ámbito das artes. Así, KVS ve a interculturalidade dentro e arredor do escenario non como unha tarefa ou un reto, senón como un principio lóxico. O mesmo ocorre cunha forte presenza en Flandes e a nivel internacional.

KVS conta cun elenco aberto de creadoras e creadores teatrais, intérpretes, directoras, coreógrafas e autoras. En KVS desenvolven tanto o seu traballo persoal como proxectos compartidos, ademais de colaboracións a longo prazo.

Desde unha visión inclusiva do que a arte é capaz de conseguir, KVS aspira a ser un teatro urbano intercultural, interxeracional e de xénero aberto que resoe máis alá de Bruxelas.