Illa San Simón

Imaxe Illa San Simón

A illas de San Simón e a de San Antón son un excepcional enclave situado na enseada da ría de Vigo, cunha forte carga simbólica colectiva vencellada cos seus diversos papeis ao longo da historia: testemuña de traxedias e avatares mariños, idílica referencia literaria da poesía medieval, refuxio monacal, lazareto para enfermos infecciosos, cárcere do réxime ditatorial franquista para illamento político...

A illa de San Simón é hoxe un espazo público para o desenvolvemento cultural de Galicia, nun enclave recuperado de gran valor patrimonial e ambiental. No 1999 foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia e a illa e a súa enseada forman parte da Rede Natura 2000 como hábitat natural europeo protexido.

Ao longo do ano, as súas instalacións acollen o desenvolvemento dunha extensa programación, como lugar de colaboración con diversas entidades e organismos para actividades formativas e de investigación.

Dende 2021 o noso Encontro Paraíso sucede na Illa de San Simón.

Alba Casas & Adrian Riveiro con Lobes Salvaxes

Antonio Giráldez López con 36 litros de gasolina diarios

Blanca Tolsá con Parafonías

Daniel Lezso con Meu Rei

Lara Brown con Tórtola Valencia, pienso en ti con mis manos

Mikel Aristegui con 604043-Illa de San Simón

Norberto Llopis con Movimientos; operando con Gertrude Stein