O Centro de Creación Contemporánea ESPACIO TANGENTE vén desenvolvendo as súas actividades na cidade de Burgos desde xullo de 2001 nun local cedido polo Instituto Municipal de Cultura do Concello de Burgos. Desde os principios de autoxestión, independencia, transparencia e compromiso, o colectivo promotor inicial buscou un progresivo aumento da participación pública, tanto na xestión e organización como na programación, para manter un proxecto aberto e dinámico capaz de recoller, conectar e fomentar de maneira eficaz as manifestacións culturais da súa contorna.