A Casa das Máquinas é un espazo municipal do Concello de Santiago situado no barrio de Galeras, destinado a un uso polivalente. O edificio é un inmoble histórico da cidade (construído en 1919 como transformador eléctrico) que foi rehabilitado en 2024, reconstruíndo a súa cuberta e renovando as súas fachadas de pedra, e que hoxe acolle distintas actividades veciñais e culturais.