Tuatha

DOVEA
DOVEA 1
DOVEA 2
© Iria Casal Lamata / “DOVEA”, de Tuatha

DOVEA (D'Onde Vem Ese Aturuxo?)

DOVEA (D'Onde Vem Ese Aturuxo?) é o primeiro espectáculo da cía. Tuatha, no que estivemos a traballar en Dantzagunea, Errenteria (Cruceiros Paraiso 2022).

En DOVEA exploramos a importancia da escoita nas nosas vidas e interaccións co mundo. Buscamos indagar nas diversas facetas da esoita: a ausencia dela, o impacto emocional que pode ter en nós e a conexión profunda que surxe cando somos escoitades.

Para falar de algo temos que ser escoitades, e precisamente diso falamos: de todas as veces que non o fomos, das que si e de como respondemos.

Tuatha

Tuatha (Eloi García e Myriam González) é unha compañía emerxente galega de A Coruña, formada en 2019. Comeza a súa traxectoria na danza en estilos de danzas urbanas como House, Hip Hop, Waacking e Popping, que fusionan nas súas creacións co movemento e creación contemporánea.

Traballan en proxectos de videodanza como "ILOMILO", peza seleccionada en festivais como Quinzena de Dança de Almada (2021), IMARP - Mostra internacional de dança (2021) ou Moinho Cine Fest (2022). 
En 2022 crean o seu primeiro espectáculo para espazos non convencionais: DOVEA (D'Onde Vem Ese Aturuxo?).
É nese mesmo ano que se estrea tamén "Hoje venho falar de min", solo para espazos non convencionais interpretado por Myriam González.