PAM

Imaxe PAM

Caldo de Cultivo PAM

En marzo de 2026 coorganizamos xunto á PAM –a Asociación de profesionais do sector da danza e das artes do movemento de Galicia– o encontro de primavera da asociación. Baixo o título de Caldo de Cultivo, cada un destes encontro procura un espazo de cohesión e debate para as socias da PAM, mediado por un axente ou espazo do territorio distinto en cada ocasión. 

Así, ESPAZO RPM foi unha casa temporal para unha sesión deseñada por Caterina Varela e Félix Fernández titulada Caleidoscopio, multiplicar a mirada. A dinámica camiñou arredor do coñecemento colectivo e a percepción das outras. A través dunha metodoloxía de intercambio e cambio de roles, a proposta xerou un espazo de escoita, proxección e recoñecemento mutuo entre as participantes, procurando novas conexións e desprazando imaxinarios previos sobre as identidades e traxectorias presentes no grupo. 

 

Imaxe Caldo de Cultivo PAM

PAM

A PAM é unha asociación de profesionais do sector da danza e das artes do movemento creada a partir de sentires, afectos e desexos comúns de acompañar e reivindicar a dignidade do tecido profesional da danza en Galicia.

Constitúe unha rede ampla e diversa de profesionais independentes, compañías, asociacións, espazos de creación, festivais, docentes, xestoras culturais e coreógrafas.

A asociación traballa de xeito coordinado e democrático para garantir a interlocución e a presenza do sector no seu contexto e horizonte político, social e cultural galego.

Dende unha visión plural, aposta pola potencialidade do encontro e da interconexión fronte aos desafíos estruturais aos que o sector se enfronta actualmente.