Soundtrack
As Residencias Paraiso abriron un camiño de investigación importante no meu desenvolvemento artístico. Foi o primeiro contexto que me permitiu penetrarme no traballo da sonidación a través da práctica performativa. Soundtrack é a peza resultante do traballo realizado durante a residencia.
Soundtrack é unha banda sonora e é a banda sonora de si mesma tamén.
Á vez son moitas bandas sonoras, tantas como escuchantes haxa, tantas como intérpretes haxa.
Porque a escuchanta e a intérprete son a mesma persoa.
O performer é a partitura: unha partitura que manipula moitas partituras.
Por tanto Soundtrack é a banda sonora de varias bandas sonoras escoitadas e realizadas por múltiples escuchantes-intérpretes.
En Soundtrack trabállase a idea de sonidación, unha palabra inventada a través dunha pequena deriva etimológica:
Imaxe: do latín imago (retrato, copia, imitación).
Imaxinación: do latín imaginatio. Significa “acción e efecto de formar unha figura mental” (unha imaxe). Os seus compoñentes léxicos son: imago (retrato), máis o sufixo
-ción (acción e efecto).
Son: do latín sonitus e signifi ca “sensación de escoitar”. Os seus compoñentes léxicos son: soar (producir un ruído), máis o sufixo -ido (calidade perceptible polos sentidos).
Sonidación: acción e efecto de formar un son mental. Os seus compoñentes léxicos son: soar (producir un ruído), máis o sufixo - ción (acción e efecto).
Óscar Bueno Rodríguez
Toda a miña práctica móvese sen parar entre o musical, o coreográfico e o visual, de modo máis ou menos premeditado. Son autor pero tamén traballo acompañando procesos doutras artistas, que desembocan en teatros e contextos híbridos da escena experimental europea. Son performer en ambos os ámbitos, e son músico. A visualidad ou o traballo en debuxo da forma a unha exploración central no meu traballo, que se comunica con esas outras disciplinas de forma natural.
Algúns dos traballos que presentei, ou están en fase de desenvolvemento son: Soundtrack, Big Square, A música camuflada, Estudos para sonidación.
Paralelamente á miña práctica colaboro con outras artistas: Itxaso Corral (dentro do colectivo Poderío Vital), Anto Rodríguez, Cuqui Jerez, María Jerez, Cris Blanco e Amalia Fernández