Matías Daporta & María Dueñas

Matías Daporta & María Dueñas

MOCAP

Mocap investigou a representación pictórica das bailarinas como metáfora da transformación do corpo na sociedade históricamente e ata a actualidade. Nun mundo xa enteiramente dixitalizado, a substitución dos corpos tanxibles pola súa representación prevalece. Interesábanos observar cuan radicais podemos chegar a traballar substituíndo un corpo por un dispositivo tecnolóxico e que efecto produce no público.

"Vai comezar a función e unha das performers non chega. Antes de que entre o público deciden substituíla, pero non por outra bailarina, senón por unha pantalla. Na pantalla non estará outra que ela mesma, pero a súa imaxe dixitalizada

MOCAP é unha peza que se pregunta se é posible substituir o corpo de alguén por un dispositivo tecnolóxico. Cales serían as implicacións sociais diso?

Os performers enfróntanse ao reto de empatizar en escena cun corpo ausente vivo e un corpo inerte presente (a pantalla)."

Matías Daporta & María Dueñas

Matías e María traballaron xuntos no pasado en varias colaboracións que reflexionan sobre a relación da performance e a linguaxe cinematográfica: “ Knock Down” producida por Veem Theatre e AFK- Amsterdam city funds (2014)”; e “Flat, Not Apartment” producida por Projection Room, Bruxelas e Veem, Amsterdam (2015).

Ambos se coñeceron durante os seus primeiros estudos de danza no Real Conservatorio Profesional de Danza de Madrid e reencontráronse estudando de novo no MA Práctia Escénica e Cultura Visual (UCLM e Museo Reina Sofía) en Madrid. É neste contexto de máster onde a primeira semente de Mocap en Beta tivo lugar. María estaba a traballar con espazos sonoros como práctica desde a que abordar a pregunta do lugar do corpo (adestrado) da bailarina no panorama das artes performativas actuais. Isto levouna a enfocarse no son fílmico e con iso a atopar materiais sobre a relación do performativo e o cinematográfico. Matías seguiu o proceso como asesor regular. No caso de Matías, o seu proceso levoulle cara ao desexo de recuperar arquivos de traballos persoais anteriores.