30’ 60 70’ 120
Marina é unha moza de 26 anos que estuda un máster en arte e paga as súas rendas traballando como prostituta. Chegou a ese mundo por casualidade e da mellor forma posible: nun contexto politizado, feminista, seguro e cunha comunidade centrada nos coidados. Non só atopou unha forma de subsistir no mundo artístico precarizado, senón que as súas formulacións mentais deron un xiro de 180 graos.
Comeza aquí unha investigación/ reflexión en torno ao traballo en xeral e ao traballo sexual en particular:
É posible que todos en maior ou menor medida prostituamos o noso corpo á industria?
É xusto que os homes nos paguen por unha sexualización que sufriremos si ou si ao longo de toda a nosa vida?
Podemos reverter as prácticas nas que as mulleres somos inimigas e competidoras?
Cunha perspectiva documental desde as artes visuais, o live cinema e a conferencia performativa, preténdese xogar cos documentos de partida: fotografías nas casas de citas, imaxes gravadas en clave de recreación con bodegóns de obxectos e diarios escritos.
Marta Valverde
Nacín en Nigrán no ano 1994.
Desenvolvo o meu traballo no audiovisual e a fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Interésame a intimidade, a memoria e a autobiografía.
Realizo pezas audiovisuais propias como Resiliencia (2016), O tempo suspendido (2017), 16-11-2016/13-5-2017 (2017) ou 1 de 80000 (2019) e combínoo con outros traballos como vj en performance e teatro (Mecaredes de Babel dirixida por Carlos Aladro, 2019), axudante de edición nos longametraxes María (e os demais) ( Nely Reguera, 2016) e Gallo (Antonio Díaz Huerta, 2018) e axudante de dirección en Sendeiro (Lucía Estévez 2018) e Ursúas (Roi Fernández, 2019).