LVZ
Este traballo xorde da toma de conciencia de novas características do vínculo que desenvolvo co violín desde fai xa máis de vinte e cinco anos.
A investigación pon o foco na xeometría do xesto violinístico, desenvolvendo unha serie de exercicios corporais que toman como motor a relación entre corpo/violín/son e alteran as habituais xerarquías da música.
Luz Prado
Violinista, música, performer. Traballa no escénico desde o son e cre na creación colaborativa. A súa práctica parte dun diálogo constante co violín e o encontro con persoas que poñen en valor o ser e o estar a través do folclore, o cacharreo, o movemento ou o ruído.